Unha boa alternativa é a nova norma de Madrid para circular no centro da capital. Os coches antiguos de gasolina (anteriores ao ano 2000) e os de diésel (anteriores a 2006) non poderán entrar nesa área, xa que así se reduce notablemente a contaminación presente pola emisión do combustible.
Sen dúbida é un paso máis na loita contra o cambio climático, unha maneira de reducir a contaminación sen deixar de empregar os coches. Así, ademais de reciclar para reducir os plásticos (por exemplo), podemos loitar contra o cambio climático co único feito de empregar máis a bicicleta.
Sen embargo, o ideal sería utilizar as bicicletas, xa que así non se reduce a contaminación, senón que se elimina por completo. Hai varios países que son moi pioneiros neste sentido, e que podemos tomar como exemplo: en Holanda, un 99% da poboación ten unha bicicleta, de feito, cada persoa recorre 2,5 km ao día de media; Dinamarca é a seguinte na lista cun 80% da poboación.
A continuación, podemos ver un breve vídeo sobre o frecuente uso das bicicletas en Holanda:
Fontes consultadas: Ecoloxistas en acción e Diario motor
Ningún comentario:
Publicar un comentario