Blogs dos compañeiros

Amosando publicacións coa etiqueta Contaminación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Contaminación. Amosar todas as publicacións

martes, 12 de febreiro de 2019

MELLOR EN BICICLETA

Todos sabemos que o cambio climático estanos afectando demasiado últimamente. Isto débese á empeoración do estado da capa de ozono. Dita capa é a que nos protexe, entre outras cousas, dos raios ultravioletas. Por iso é moito mellor empregar a bicicleta para traxectos curtos como pode ser ir ao traballo, a comprar o pan, ...

Unha boa alternativa é a nova norma de Madrid para circular no centro da capital. Os coches antiguos de gasolina (anteriores ao ano 2000) e os de diésel (anteriores a 2006) non poderán entrar nesa área, xa que así se reduce notablemente a contaminación presente pola emisión do combustible.

Sen dúbida é un paso máis na loita contra o cambio climático, unha maneira de reducir a contaminación sen deixar de empregar os coches. Así, ademais de reciclar para reducir os plásticos (por exemplo), podemos loitar contra o cambio climático co único feito de empregar máis a bicicleta.

Sen embargo, o ideal sería utilizar as bicicletas, xa que así non se reduce a contaminación, senón que se elimina por completo. Hai varios países que son moi pioneiros neste sentido, e que podemos tomar como exemplo: en Holanda, un 99% da poboación ten unha bicicleta, de feito, cada persoa recorre 2,5 km ao día de media; Dinamarca é a seguinte na lista cun 80% da poboación.

A continuación, podemos ver un breve vídeo sobre o frecuente uso das bicicletas en Holanda:



Fontes consultadas: Ecoloxistas en acción e Diario motor