Blogs dos compañeiros

xoves, 14 de febreiro de 2019

CAMISETAS DE FÚTBOL CON PLÁSTICO RECICLADO

Nunha colaboración coa empresa Parley for the Oceans , a prestixiosa marca deportiva Adidas, marca de equipos como o Real Madrid ou seleccións como a española, logrou realizar unhas camisetas feitas íntegramente por plásticos reciclados dos océanos.

Este proxecto chamado "adidas + parley" estreouse nun partido da Bundesliga (primeira división alemá) entre Bayern Múnich e o TSG 1899 Hoffenheim, cando os xogadores do equipo muniqués vestiron estas camisetas. Máis tarde, o Real Madrid empregou estas vestimentas nun partido de liga fronte ao Sporting de Xixón.

Para aumentar a sostenibilidade da camiseta, ambos clubes acordaron non ter o logotipo visible. Ademais, o deseño dunha soa peza, incorpora unha cinta no pescozo traseiro coa mensaxe: "para os océanos".

Sen dúbida é unha gran iniciativa que, de facerse habitual, podería axudar en gran medida a dar unha segunda vida aos plásticos de botellas ou envoltorios presentes nos océanos.


Fontes consultadas: Disup e As

Ningún comentario:

Publicar un comentario