Blogs dos compañeiros

xoves, 28 de febreiro de 2019

CONVERTIR LOS RESIDUOS EN JUEGOS

Moitos dos residuos que tiramos a basura serven para máis que iso.




1. Con eles podese facer xoguetes, utensilios, …


2. Se volvemos a utilizar os residuos axudaremos a o media ambiente.


Por exemplo un bric de leite, o tiraríamos sen máis pero que pasaría se o convertesemos en dados, ou nun camión, cos que os nenos pequenos poden xogar sen ter que comprar un novo xoguete, xa que así reciclamos e a vez divertimonos facendoo.








Fuentes consultadas :   Ecoosfera
                                     

venres, 15 de febreiro de 2019

CONSECUENCIAS DO "NON RECICLAXE"

1. Os vertedoiros estarían totalmente cheos, é máis , poderían estar con máis lixo do que debe haber como límite. Estes botan gases contaminantes que son prexudiciais para o planeta.

2. Acortamos a vida do planeta

3. Causa de enfermidades dañinas para nós, xa que no lixo hai roedores, insectos, ... que levan enfermidades consigo.

4. O noso consumo enerxético pode subir considerablemente.

5. Os recursos non son infinitos, se non reciclamos quedaremos sen recursos naturais para usar nós

6. Se non se recicla, moitos hábitats destruiránse.

Reciclar  é  importante  porque  axuda  a conservar o  medio  ambiente . Nos últimos anos a Terra viuse fortemente contaminada. Isto provoca a redución da capa de ozono, que protexe dos raios ultravioletas do sol.



Fontes consultadas: La vanguardiascribdrideco-consolider

xoves, 14 de febreiro de 2019

CAMISETAS DE FÚTBOL CON PLÁSTICO RECICLADO

Nunha colaboración coa empresa Parley for the Oceans , a prestixiosa marca deportiva Adidas, marca de equipos como o Real Madrid ou seleccións como a española, logrou realizar unhas camisetas feitas íntegramente por plásticos reciclados dos océanos.

Este proxecto chamado "adidas + parley" estreouse nun partido da Bundesliga (primeira división alemá) entre Bayern Múnich e o TSG 1899 Hoffenheim, cando os xogadores do equipo muniqués vestiron estas camisetas. Máis tarde, o Real Madrid empregou estas vestimentas nun partido de liga fronte ao Sporting de Xixón.

Para aumentar a sostenibilidade da camiseta, ambos clubes acordaron non ter o logotipo visible. Ademais, o deseño dunha soa peza, incorpora unha cinta no pescozo traseiro coa mensaxe: "para os océanos".

Sen dúbida é unha gran iniciativa que, de facerse habitual, podería axudar en gran medida a dar unha segunda vida aos plásticos de botellas ou envoltorios presentes nos océanos.


Fontes consultadas: Disup e As

martes, 12 de febreiro de 2019

MELLOR EN BICICLETA

Todos sabemos que o cambio climático estanos afectando demasiado últimamente. Isto débese á empeoración do estado da capa de ozono. Dita capa é a que nos protexe, entre outras cousas, dos raios ultravioletas. Por iso é moito mellor empregar a bicicleta para traxectos curtos como pode ser ir ao traballo, a comprar o pan, ...

Unha boa alternativa é a nova norma de Madrid para circular no centro da capital. Os coches antiguos de gasolina (anteriores ao ano 2000) e os de diésel (anteriores a 2006) non poderán entrar nesa área, xa que así se reduce notablemente a contaminación presente pola emisión do combustible.

Sen dúbida é un paso máis na loita contra o cambio climático, unha maneira de reducir a contaminación sen deixar de empregar os coches. Así, ademais de reciclar para reducir os plásticos (por exemplo), podemos loitar contra o cambio climático co único feito de empregar máis a bicicleta.

Sen embargo, o ideal sería utilizar as bicicletas, xa que así non se reduce a contaminación, senón que se elimina por completo. Hai varios países que son moi pioneiros neste sentido, e que podemos tomar como exemplo: en Holanda, un 99% da poboación ten unha bicicleta, de feito, cada persoa recorre 2,5 km ao día de media; Dinamarca é a seguinte na lista cun 80% da poboación.

A continuación, podemos ver un breve vídeo sobre o frecuente uso das bicicletas en Holanda:



Fontes consultadas: Ecoloxistas en acción e Diario motor